CLASES DE PROBA
Para comezar a nova tempada 2022-2023 realizaremos as seguintes clases de proba
(se estás interesado podes reservar a tua praza en info@renbukan.es)
–MARTES 19
17:00 h DANZA
–LUNS 25
17:00 PREKARATE E HIP HOP 1
18:00 HIP HOP 2
–MARTES 26
18:15 h KARATE 2 e 3
Esperámosvos.
GALA FIN DE CURSO 2022/23

Espectaculares onte os nosos renbukaners poñendo broche final ao curso nun marco incomparable como o teatro Jofre. Un orgullo os preto de 80 participantes, pais e espectadores, axudantes e familia Renbu-kan en xeral. E un privilexio de presentadora (Paloma Lago), vestiario (Nuria Espasandín), vestiario de danza (Ángeles Castro), Fotografía (Helena Segura-Torrella) e persoal técnico. O próximo máis e mellor. (Vídeos en rrss)
MASTERCLASS DE IOGA

Sábado 17 de xuño en Odeón con Montse. Anímate!!!
GALA FIN DE CURSO 2023

Outro ano máis despedimos a tempada deportiva por todo o alto. As nosas escolas de karate e danza amosarán no teatro Jofre de Ferrol a evolución dos nosos alumnos e alumnas durante o curso que finaliza. Como xa é habitual faremos unha fusión de ambas disciplinas con preto de 90 membros do club entre os 3 e os 25 anos, mesturando traballo, ilusión e un pouco de festa. Contaremos coa colaboración especial da nosa querida Paloma Lago que se encargará de presentar a gala. Entrada de balde, no club a partir do luns 19 ou o día da actuación na taquilla no Jofre.
Esperámosvos.